Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Gamificación

Definición:

Uso de xogos co propósito de facilitar a aprendizaxe da segunda lingua. Persegue utilizar a forma de resolver problemas propia dos xogos e o modo de pensar que estes promoven para favorecer a aprendizaxe e resolver problemas. Faise unha distinción entre aprendizaxe baseada en xogos e gamificación. No primeiro caso a aprendizaxe ten lugar mediante o xogo, ben a través de xogos creados cun propósito educativo determinado ou ben mediante actividades lúdicas creadas para o divertimento pero que se utilizan para fins educativas. O segundo ocúpase de características ou elementos dos xogos que se utilizan para facilitar a aprendizaxe. Como exemplo na  gamificación pódense utilizar xogos dixitais e non dixitais, ou aprendizaxe asistida por computador.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

All, A., Nuñez Castellar, E. P. & Van Looy, J. 2016. “Assessing the effectiveness of digital game-based learning: Best practices”. Computers & Education 92-93: 90–103.

Kapp, K. M. 2012. The gamification of learning and instruction: Game-based methods and strategies for training and education. San Francisco, CA: Pfeiffer.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Gamificación
Inglés: 
Gamification
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/gamificacion, con data de acceso 24/04/2025).