Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Competencia dixital

Definición:

A competencia dixital é unha das competencias clave recollidas no currículo de Primaria, ESO, e Bacharelato. Refírese, en concreto, ao conxunto de coñecementos e habilidades que permiten un uso seguro, crítico e eficiente das tecnoloxías da comunicación e información co fin de así poder alcanzar os obxectivos en distintos ámbitos, que van desde o bo uso do tempo libre, á participación na sociedade, a busca selectiva de información e a propia aprendizaxe. No caso da aprendizaxe de linguas, esta competencia é fundamental xa que existen na rede hoxe en día toda unha serie de páxinas e enlaces con recursos que facilitan a súa aprendizaxe (véxanse apartados 4 e 5 de apéndices finais para cada lingua) ademais de ofrecer toda unha variedade de materiais auténticos (películas, documentais, xornais, revistas, xogos, etc.) para a práctica da lingua.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Callejas Albiñana, A. I., Salido López, J. V. & Jérez García, O. (coord.) 2016. Competencia digital y tratamiento de la información. Aprender en el siglo XXI. Ciudad Real: Ediciones Universidad de Castilla-La Mancha.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Competencia digital
Inglés: 
Digital competence / e-competence
Ruso: 
Цифровая компетенция
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/competencia-dixital, con data de acceso 07/12/2024).